bartoleta's profileBartoleta TeatroPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Bartoleta TeatroGrupo Aficionado de la A.VV. Ensanche "A" de Ferrol. (bartoletaferrol@hotmail.com) 5/27/2009 Mércores, 3 de xuño: Tertulia no Teatro Jofre.Organizada pola
Asociación de Amig@s do Teatro Jofre
Mércores 3 de xuño, ás 20 h.
Sala do Ambigú do Teatro Jofre
Tertulia - Presentación
"BAILADELA DA MORTE DITOSA"
de Roberto Vidal Bolaño e Teatro de Ningures
3/27/2009 27 DE MARZO: DIA MUNDIAL DEL TEATROTodos los años, el Instituto Internacional del Teatro-ITI organiza junto con la UNESCO una ceremonia de lectura del Mensaje para el Día Mundial del Teatro. Este 27 de Marzo, el autor del Mensaje es dramaturgo, escritor y director de teatro brasileño, que desarrolló el ‘teatro del oprimido', método y formulación teórica de un teatro democrático, del pueblo. El pasado 2008 fue Candidato al Premio Nobel de la Paz. Exiliado en Estados Unidos en 1953, para volver a Brasil dos años después donde asume la dirección artística del Teatro de Arena de São Paulo. Entre sus obras se encuentran ‘JaneSpitfire' o la sambópera sobre la ópera ‘Carmen'. Mensaje del Día Mundial del Teatro -Augusto Boal-
Todas las sociedades humanas son espectaculares en su vida cotidiana y producen espectáculos en momentos especiales. Son espectaculares como forma de organización social y producen espectáculos como este que ustedes han venido a ver. No sólo las bodas y los funerales son espectáculos, también los rituales cotidianos que, por su familiaridad, no nos llegan a la consciencia. No sólo pompas, sino también el café de la mañana y los buenos días, los tímidos enamoramientos, los grandes conflictos pasionales, una sesión del Senado o una reunión diplomática; todo es teatro.
Una de las principales funciones de nuestro arte es hacer conscientes esos espectáculos de la vida diaria donde los actores son los propios espectadores y el escenario es la platea y la platea, escenario. Somos todos artistas: haciendo teatro, aprendemos a ver aquello que resalta a los ojos, pero que somos incapaces de ver al estar tan habituados a mirarlo. Lo que nos es familiar se convierte en invisible: hacer teatro, al contrario, ilumina el escenario de nuestra vida cotidiana. En septiembre del año pasado fuimos sorprendidos por una revelación teatral: nosotros pensábamos que vivíamos en un mundo seguro, a pesar de las guerras, genocidios, hecatombes y torturas que estaban acaeciendo, sí, pero lejos de nosotros, en países distantes y salvajes. Nosotros que vivíamos seguros con nuestro dinero guardado en un banco respetable o en las manos de un honesto corredor de Bolsa, fuimos informados de que ese dinero no existía, era virtual, fea ficción de algunos economistas que no eran ficción, ni eran seguros, ni respetables. No pasaba de ser mal teatro con triste enredo, donde pocos ganaban mucho y muchos perdían todo. Políticos de los países ricos se encerraban en reuniones secretas y de ahí salían con soluciones mágicas. Nosotros, las víctimas de sus decisiones, continuábamos de espectadores sentados en la última fila de las gradas. Veinte años atrás, yo dirigí ‘Fedra' de Racine, en Río de Janeiro. El escenario era pobre: en el suelo, pieles de vaca, alrededor, bambúes. Antes de comenzar el espectáculo, les decía a mis actores: "Ahora acaba la ficción que hacemos en el día a día. Cuando crucemos esos bambúes, allá en el escenario, ninguno de vosotros tiene el derecho de mentir. El Teatro es la Verdad Escondida." Viendo el mundo, además de las apariencias, vemos a opresores y oprimidos en todas las sociedades, etnias, géneros, clases y castas, vemos el mundo injusto y cruel. Tenemos la obligación de inventar otro mundo porque sabemos que otro mundo es posible. Pero nos incumbe a nosotros el construirlo con nuestras manos entrando en escena, en el escenario y en la vida. Asistan al espectáculo que va a comenzar; después, en sus casas con sus amigos, hagan sus obras ustedes mismos y vean lo que jamás pudieron ver: aquello que salta a nuestros ojos. El teatro no puede ser solamente un evento, ¡es forma de vida! Actores somos todos nosotros, el ciudadano no es aquel que vive en sociedad: ¡es aquel que la transforma! ¡¡ VIVA EL TEATRO !! XIII Edición Premios "María Casares"La obra Unha primavera para Aldara, de Teatro Atlántico, fue la triunfadora de la de XIII edición de los premios de teatro María Casares, llevándose un total de siete galardones entre los que destacaron el de mejor actriz, para María Bouzas, mejor dirección, para Xulio Lago, y mejor espectáculo. A los de mejor vestuario, iluminación y escenografía se sumó la distinción de texto original, de la escritora Teresa Moure, quien "muy nerviosa" recogió el premio que dedicó al grupo de actores y actrices que "puso su cuerpo y entusiasmo en hacer una obra de lo que sólo era un texto." sigue la crónica de El Correo Gallego La noticia en EL PAIS 1/9/2009 CONCENTRACION EN SOLIDARIDAD CON PALESTINA9 XANEIRO, ás 8 da tarde. frente ao Edificio Admvo. Xunta de Galicia Praza Amada García - Praza España - Ferrol CONCENTRACION SOLIDARIDAD CON PALESTINA 12/23/2008 Trata de Feliz 2009Feliz 2009A todas e todos un ano teatreiro cheo de éxito e ledicia.
¡¡ Feliz 2009 !! 11/26/2008 A Tertulia de onte no JofreA Tertulia celebrada onte, 25 de Novembro, no Teatro Jofre, foi un deses actos que fan da cultura e do teatro algo próximo, entrañable e participativo e que nos deixou a todos os asistentes ilusionados por asistir á próxima representación da obra obxecto deste encontro. de Teresa Moure, dirixida por Xulio Lago
será representada por Teatro do Atlántico no Teatro Jofre de Ferrol, o venres, 28 de Novembro
Como ben dí o programa de man: “Transcendendo a época do drama, a autora sitúanos diante duns conflictos de absoluta actualidade, como son a liberdade na elección sexual, a loita da muller pola igualdade, a violencia de xénero, a tolerancia, a posta en cuestión da xerarquía eclesiástica, as valoracións morais dos comportamentos humanos…. O obra posibilita a posta en valor dunha dramaturxia histórica, abordada, neste caso, cunha exquisita riqueza literaria e apoiándose nunha estructura teatral absolutamente contemporánea.” 11/23/2008 Martes, 25 Novembro: TERTULIA NO TEATRO JOFREMáis información dos participantes na tertulia
UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA . Texto gañador do XIII Premio Rafael Dieste convocado pola Excma.Deputación de A Coruña Atopámonos diante dun sorprendente texto teatral, creación dunha das máis notábeis voces da narrativa galega contemporánea: Teresa Moure, multipremiada e multirrecoñecida por varias das súas novelas e polos seus ensaios, traballos todos eles de elevada calidade. E se ben é certo que a nosa literatura dramática conta xa con importantes referentes como poden ser Manuel Lourenzo, Gustavo Pernas, Roberto Salgueiro, Xabier Lama, Inma Antonio ou o inesquecible Roberto Vidal Bolaño, resulta bastante excepcional que unha voz principal da nosa narrativa se incorpore, “motu propio”, á creación no apartado de Literatura Dramática. E non estando precisamente sobrado o noso teatro de voces desa calidade, a chegada desta creadora ao ámbito escénico é noticia que merece ser celebrada e atendida especialmente. Desde a nosa perspectiva, Teresa Moure está chamada a enriquecer de maneira significativa o panorama da literatura dramática galega, o a súa escrita vai axudar tamén a que o noso Teatro consiga espertar a atención de importantes sectores da nosa sociedade ata o de agora afastados dél. Unha primavera para Aldara ¿Comedia, drama...? "Hai pezas que opoñen enorme resistencia a calquera definiciónde xénero, e a que nos ocupa resístese esixindo a utilización de varias categorías. Para compoñer esta marabilla do teatro contemporáneo que é Unha primavera para Aldara, a autora utiliza diversas claves e consegue facelas coexistir sen que nada renxa; pola contra, a sutil mestura de distintos códigos adquire a categoría de ferramenta dramática coa que nos sorprende e desconcerta positivamente non permitindo que en ningún momento nos “acomodemos” e que, como espectadores, teñamos necesariamente que poñer en alerta todos os sentidos. Hai nesta proposta espazo para o drama, a comedia, a traxedia, o teatro “costumista”, e moitas outras cousas. Fascinante * FARASE UNHA LECTURA DRAMATIZADA DALGUNHA ESCENA DA OBRA Participarán na TERTULIA: TERESA MOURE.- Autora do texto Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxíada Universidade de Santiago de Compostela. É autora das seguintes novelas: - A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004, Premio San Clemente 2005- Herba Moura (2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro áAutora do Ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á Mellor Novela do Ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005. - Benquerida Catástrofe (2007).- A casa dos lucarios (2007)Publicou, ademais, entre outros, os ensaios: - Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004- A palabra das fillas de Eva (2005) Premio da Crítica 2005 no apartado de EnsaioEn literatura dramática: - Unha primavera para Aldara (2007) obra gañadora do XIII Premio de Teatro Rafael Dieste.XULIO LAGO.- Dramaturxia, Dirección de escena e deseño de Iluminación Comeza a súa actividade profesional no ano 1974, en Vigo, coa creación do grupo “Esperpento” con intensa actividade creativa e organizativa na cidade durante varios anos, trasladándose a Madrid en 1978, e promovendo alí a creación do grupo “La Picota”, compañía que alcanza gran repercusión de crítica e público por todo o Estado con dous espectáculos: “La Orgia”, de Enrique Buenaventura, con dirección de Antonio Francisco Simón, e “El señor Galindez”, de Eduardo Paulovsky. Retornado a Galiza, é o director da Compañía “Teatro da Mari-Gaila” (Santiago de Compostela, 1979-1984), interpretando e dirixindo, entre outros, “O Agnus Dei dunha nai”, de D.Bárcena, o “Acto cultural”, de J.I.Cabrujas, ou “A noite das tríbades”, de Olov Enquist. No ano 1984 forma parte do colectivo de profesionais que promoven a creación do Centro Dramático Galego e asume a responsabilidade de dirixir a primeira producción daquela nova aventura: “Woyzeck”, de Büchner. Tras outra estancia en Madrid, becado no Centro Dramático Nacional dirixido por Lluis Pascual, retorna outra volta a Galicia, creando e dirixindo a Compañía “Teatro do Atlántico” en 1985, coa que desenvolve un traballo fundamentalmente de Dirección coa posta en escena de textos de autores contemporáneos como Ibsen, Fassbinder, Heiner Müller, Roberto Salgueiro, Garcia Lorca, Sam Shepard, Olov Enquist, Sanchis Sinisterra, McPherson ou Harold Pinter. Paralelamente ao seu traballo en Teatro do Atlántico, ten colaborado con outras Compañías, entre as que cabe subliñar o traballo feito coa Compañía Teatro do Noroeste de Viana do Castelo sendo responsable da posta en escena de dous importantes espectáculos: “O inimigo do Povo”, de Ibsen e “Executor 14”, de Abdel Hakim. Ten participado tamén periódicamente como actor en varios espectáculos do Centro Dramático Galego, asumindo a dirección de catro das produccións daquela Compañía Institucional: “A fiestra valdeira”, de Rafael Dieste, “A noite vai coma un río”, de Alvaro Cunqueiro, “Seis personaxes á procura de autor”, de Pirandello e o xa citado “Woyzzeck”, de Büchner “O encoro”, de Conor McPherson, (Premio María Casares á mellor Dirección), “Memoria do 36”, recital poético sobre a guerra civil e a represión en Galicia, xunto con “A raíña da beleza de Leenane”, (Premio María Casares ao Mellor Espectáculo e á mellor Dirección) “As últimas lúas” e “A bombilla Máxica” son os seus últimos traballos. MARIA BOUZAS.- Actriz, encarna o papel de ALDARA Estudios de Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramática de Madrid, e continuos traballos posteriores de aprendizaxe en cursos con Martín Adjemián Ángel Burgos, Augusto Fernándes, Jesús Alardeen, Jaime Chávarro. Asusumpta Serna, etc. Traballo Teatral: Noite de Reis, de W. Shakespeare, Cunqueiro con dirección de Quico Cadaval no CDG é, ata este momento, o seu último traballo no Teatro. Foi fundadora, con María Pujalte da Compañía Marías, participando, entre outras, nas súas produccións “Fisterra-Broadway”, “Amén”, ambas escritas e dirixidas por Xavier Picallo, “A voda dos moinantes”, de J.M.Synge ou Squash, de Ernesto Caballero, dirixidas por Quico Cadaval Con outras compañías ten participado en numerosos espectáculos; entre eles: “Saxo tenor”, escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño con Teatro do Aquí, “Se o vello Simbad volvese ás illas”, de Álvaro Cunqueiro con dirección de Quico Cadaval, O incerto señor Don Hamlet de A. Cunqueiro. Dirección: Ricard Salvat.; A casa dos afogados de M.A. Fernán- Vello. Dirección: Manolo Lourenzo, Un soño de verán de W. Shakespeare. Dirección: Eduardo Alonso; ou O mozo que chegou de lonxe de J.M. Synge. Dirección: Mario Gas, todos eles espectáculos producidos polo CDG. Traballo en Cine: Xunto a un amplo curriculo como actriz de TV, o seu traballo como actriz cinematográfica, conta xa con unha importante participación en numerosos filmes. Os máis recentes foron: Atlas de Geografía Humana de Azucena Rodríguez; Abrígate de Ramón Costafreda, Una mujer invisible de Gerardo Herrero (2006), e Heroína de Gerardo Herrero (2004) BELÉN CONSTENLA.- Actriz, encarna o papel de D. NUNO A súa actividade teatral comeza en 1986 con Teatro Caritel,”Calquera vai a guerra”, de Guillermo Figueiredo, dirixida por Manuel Guede. Desde entón mantén unha actividade ininterrumpida: Participa en numerosos espectáculos producidos polo CDG, como “As alegres casadas” e “Un soño de verán” de W.Shakespeare, con dirección de Eduardo Alonso,“O Incerto Señor Don Hamlet” de Alvaro Cunqueiro. Dirixido por Ricard Salvat,“Las galas del difunto” e “El embrujado”, de Valle Inclán, Dirixidos respectivamente por José Martíns e E.Alonso, quen a dirixe tamén en “A Cacatúa verde”. de Arthur Scnitzler. Traballa con diversas Compañías (Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur Teatro, Ollomol Tranvía, Teatro do Aquí, Lagarta Lagarta, Balea Branca ou Teatro do Morcego), e participa en máis dunha trintena de espectáculos, entre os que figuran: “O Rei Lear” de W.Shakespeare,Os Xustos” de Albert Camus. “As Vodas de Fígaro” de Caron de Beumarchais,“Macbeth” de W.Shakespeare, todas elas con dirección de E.Alonso; “Bailando en Verán” de Brian Friel, dirixido por Arturo López “Trabajos de amor perdidos” de W.Shakespeare, con dirección de Helena Pimenta ou “Criaturas” escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Desenvolve tamén un intenso traballo en televisión, con participación en series como “Pratos Combinados”, “El Comisario”, “Rías Baixas”, “Hospital central”, “A vida por diante”, etcétera, con participación tamén en numerosas curtametraxes, tv-movies e longametraxes. Mantén unha permanente atención ao plano formativo, asistindo a cursos e seminarios impartidos por recoñecidos profesionais de España e de Europa, como p.e.: .Augusto Fernandes, Natalia Svereva, Ernesto Caballero, Enrique Urbizu, Ángel Burgos, Albert Boadella, Angel Facio, etcétera. 11/12/2008 Unha obra musicalBartolera Teatro, está a comezar a sua nova montaxe : "A Ópera de patacón" de Bertold Brecht, versión de Roberto Vidal Bolaño, e dirección de Helga Méndez.
10/16/2008 Próximas actuacións17 de outubro, ás 20 horas
Praza de Armas, Ferrol
Bartoleta Teatro colabora ca
Semana de Mobilización contra a Pobreza
representando 3 escenas das obras
"Animaliños" e "Ataque Verbal"
-----------------------
18 de outubro, ás 20,00 horas no Local da Asoc. Amistade de Santa Mariña
Bartoleta Teatro
representa
"ATAQUE VERBAL"
de Miguel Albaladejo e Elvira Lindo
Dirección: Helga Méndez
|
¡Grazas pola tua visita!
|
|||||||||
|
|