bartoleta 的个人资料Bartoleta Teatro照片日志列表更多 工具 帮助
2008/10/4

Dongo 5 : "Animaliños" en Caranza

Animaliños1B
 
O Domingo 5 de Outubro, ás 7 da tarde
Centro Cívico de Caranza
Bartoleta Teatro, representa:
"ANIMALIÑOS"de Roberto Vidal Bolaño
Dirección : Helga Méndez
 
Entrada libre.

FERROL a Cicdade vivida

Marta-01
 

Con motivo de celebrarse o 150 º aniversario da concesión a Ferrol do título de cidade - en realidade xa o era moito antes - a Concellería de Cultura organiza a mostra fotográfica “FERROL Cidade vivida”, na que seis fotógrafos ferroláns - Carballeira, Meis, Pardo, Botana, Delgado e Aldegunde - retratan a 72 persoas da cidade, que engaden á súa imaxe unha frase difinitoria do que para eles é Ferrol.
Esta foto é da nosa compañeira Marta, do grupo Bartoleta Teatro e o seu autor Kiko Delgado.
Parabéns a Marta, a todos os retratados, aos fotógrafos e á Concellería de Cultura.
A exposición pódese visitar no C.C. “Torrente Ballester” do 2 de outubro ao 14 de Novembro.

2008/9/20

Encarna y Moncho

 

 

Copiar de Encarna&Moncho 045

Aos nosos queridos amigos e compañeiros, Encarna e Moncho, desexámoslles mil anos (ou máis) de felicidade, sempre compartida co grupo Bartoleta Teatro.

¡ Noraboa ¡

2008/5/1

10 de Maio : "Animaliños"

 

 

Animaliñensyo1017

 

Sábado 10, Maio do 2008, ás 20:00 h.

Centro Cultural Carvalho Calero

Praza do Inferniño - Ferrol 

(entrada gratuita)

 “Animaliños”

 

de Roberto Vidal Bolaño

 

Dirección: Helga Mendez.

Reparto: Espe Vidal, Rosalía Rodríguez, EncarnaPrieto, HelgaMéndez, Marta Sixto, Conchi García, Elisardo de la Cruz

Moncho Pantín, Mario Cibeira, Miguel Neira.

Duración: 75 minutos

Sinopse:,. "Animaliños" é a terceira parte dunha triloxía sobre a sociedade actual, que ven precedida polas outras obras do autor: "Anxeliños" e "Criaturas".

Nesta ocasión o tema que aborda é o da relación que a nosa sociedade establece coa natureza. E faino, unha vez máis, desde a ironía e o humor, a través duns personaxes estereotipados e dos seus xeitos de relacionarse nun marco común: o xardín dun chalé dunha urbanización de adosados ás aforas dunha cidade que sofre unha praga de caracois. Todo sempre en clave de humor, e cun importante trasfondo de crítica social.

TERTULIA : “A DANZA EN GALICIA”

Danza

Con motivo da presentación, no Teatro Jofre, do espectáculo de danza “Kiosco dás almas perdidas” do CCG (Centro Coreográfico Galego), os vindeiros Sábado 10 e Domingo 11 de Maio, a Asociación de Amig@s do Teatro Jofre organiza unha TERTULIA do ciclo “O Teatro Jofre e os seus protagonistas” para falar de:

“A DANZA EN GALICIA”

Mércores,  7 de Maio de 2008 ás 20:00 h.

Sala da 1ª Planta do Teatro Jofre

 Participarán:

·         Marcos Lorenzo. Asesor Cultural da Concellalía de Cultura

·         Natalia Balseiro. Coordinadora do Centro Coreográfico Galego

·         Branca Novoneyra. Da Asoc. de Profesionais da Danza Escénica de Galicia.

     Matilde Pedreira. Vocal de Danza da Asoc. de Amig@s do Teatro Jofre

 Con esta Tertulia, dende a Asociación de Amig@s do Teatro Jofre, preténdese mostrar a situación actual da Danza en Galicia.

2008/4/4

O Teatro de Ferrol e Comarca na Cadena Cope

Imagen-08

 

A Cadena COPE, coa colaboración de Gonzalo Rodríguez Calvo, emite os Luns ás 19,40 horas, un programa radiofónico : "PREVIAS dás Artes Escénicas e Musicais" nos distintos recintos culturais de Ferrol e Comarca.

Gonzalo, actor, gran afeccionado e persoa vinculada ao teatro e á escena en Ferrol e Galicia, é Secretario da Asociación Amigos do Teatro Jofre e membro do Padroado de Artes Escénicas e Musicais do Concello de Ferrol.

Á Emisora e ao noso amigo Gonzalo, felicitacións pola iniciativa.

 

2007/12/22

felices festas

Barto1
 
¡¡ felices festas!!
Os nosos mellores desexos
dun ano 2008
teatreiro e solidario.
 
2007/11/23

PRESENTACION DE TEXTOS TEATRAIS

O luns 26 de novenbro, ás 20 h.
na Biblioteca Municipal de Ferrol
 
acompañaremos ó noso amigo Eduardo Fra Molinero na presentación do seu libro:
 
"TEATRO POPULAR"
 
Imagen-03
Compendio de tres obras teatrais:
"Irmandiñas" "O parto de Calandrino" "O converso de Ribadavia"
 
¡¡ Parabéns !!
 
Eduardo Fra e asemade autor, entre outras pezas teatrais, de "Unha Batalla de Brión" e "Lisístrata", nas que algúns compoñentes de Bartoleta tivemos parte na súa posta en escena.
2007/10/19

Ós nosos amigos de Estudio Teatro N+1

Felicitamos ós nosos amigos: Fusa, Helga, Eva e Quique, polo éxito da súa representación de  " A lenda do Pirata" onte no Teatro Jofre.
O teatro, inzado de nenas e nenos subidos ós candieiros, remando e disfrutando, convertíuse nun verdadeiro baixel pirata que navegaba cara a Cultura.
Bó traballo é - sen dúbida - fomentá-la lectura, e bó traballo teatral o que fixechedes vos.
Noraboa tamén á Concellalía de Cultura pola iniciativa e ó Diario de Ferrol (de quen tomamos imaxes e reseña) pola boa difusión.
Ánimo e boas singladuras.
Bartoleta Teatro
Wbar001Wbar002
2007/10/15

18 outubro : Teatro Jofre: "A lenda do pirata"

Desexamos ós nosos amigos de Estudio de Teatro N+1, Fusa, Helga e Quique moitísimo éxito na súa representación

 

Estudio de Teatro N+1

Pazos 180

15405 FERROL

  

   A nosa Asociación Cultural, o Estudio de Teatro N+1, invita aos vosos nenos e nenas  a ver a peza teatral:

 

VIVE UNHA AVENTURA.

A LENDA DO PIRATA

De Fusa Guillén

 

 Un espectáculo de animación á lectura teatral para nenos con viaxe, tesouro, pirata e moza que rescatar…entre TODOS. Porque nesta aventura...

¡TODOS somos protagonistas!

 

¡ENTRADA GRATUITA!

 

AGARDÁMOSVOS O XOVES 18 DE OUTUBRO

ÁS 18:30 H

 NO TEATRO JOFRE

 

NON FALTEDES Á CITA CO PIRATA NEG…

¡Uiiiii…que non se pode decir o seu nome!

2007/9/23

MANIFESTACION 30 DE SETEMBRO EN FERROL

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!! 

ARTISTAS E INTELECTUAIS CONTRA A PLANTA DE GAS

 

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrouse hoxe sabado 22 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do Vicerreitorado do Campus Universitario de Ferrol, o acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro.

Foi presentado polos membros do CCE:
Eliseo Zaera, Lupe Ces, Rosa Méndez, LuzMarina Torrente e Carmelo Teixeiro, que desenvolveron nas súas intervencións os tres puntos do manifesto:

 

1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa  defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

 

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

 

3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

 

Explicando tamén os pormenores da organización da Manifestación que se celebrará en Ferrol o domingo, 30 de Setiembre e invitando a toda Galicia á participación.

Tras a lectura do nome dos 200 intelectuais e artistas que xa asinaron o seu apoio a este manifesto, púxose fin ó acto coa firma simbólica dos presentes.

  

Comité Cidadán de Emerxencia

RELACION DE ASINANTES

TERTULIA NO TEATRO JOFRE

Felicitamos a Asociación de amig@s do Teatro Jofre pola sua excelente inicitativa organizando a TERTULIA celebrada o pasado xoves 20 de setembro, no ambigú do Teatro, co galo dos "125 anos do Teatro Galego". Inma López,escritora e crítica teatral, Eduardo Alonso, autor e director de teatro, Santi Prego e Ernesto Chao, actores, presentados pola actriz Luma Gómez, Presidenta da Asociación, debatiron e aportaron interesantes ideas para o pasado e presente do teatro galego.
Actos como o presente axudan a facer do noso Teatro Jofre un espacio vivo e compartido e deben reproducirse.
Amig@s do Jofre, moitas grazas.
2007/8/26

As nosas xiras

 Neste mes tivemos oportunidade de levar "Ataque Verbal" a Melide e Foz.
Agradecemos ás Delegacións de Cultura dambolosdous Concellos as atencións que nos ofreceron.

Mensaxe recibida do Cruceiro de Mehá

Agradecer a vosa presencia na plaza do concello o 14 de agosto. Cada actuacion e cada mostra de solidaridade ayudanos co noso encerro.
 
apertas
 
plataforma de veciños o cruceiro de mehá
 
2007/8/18

bartoleta en Mugardos

Con moito agarimo levamos a Mugardos a nosa representación de "Ataque Verbal", acompañando ós veciños e veciñas pechados no Concello, e solidarizándonos coa  demanda do Comité cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol,  de tralada-la Planta de Gas o porto exterior de Caneliñas. 
¡¡¡¡ A NOSA VIDA E NOSA E NON DE REGANOSA !!!!
2007/8/12

TEATRO SOLIDARIO EN MUGARDOS

En solidaridade coa veciñanza de Mugardos

pechada no Concello,

e co Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol

levaremos a cabo

o martes, 14  de agosto, ás 20,30 horas

na praciña xunto ó Concello de Mugardos

un ensaio aberto da nosa obra en cartel:

 

“Ataque Verbal”

(Adaptación da obra de Elvira Lindo e Miguel Albaladejo)

Dirixe:

Helga Méndez.

 

Invitamos a asistencia.

Duración aprox. 1 hora.

 

¡¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!! 

2007/7/17

EXPOSICION DE VICTOR

Nuestro amigo VICTOR G. NOVÁS expone sus pinturas en Valdoviño.
Oleos, acrilicos y tintas, acompañados de textos y poemas de:
Rosa Méndez, Guillermo Ferrández, José Torregrosa y Juan C. Valle.
CASA DE LA CULTURA - VALDOVIÑO
16 a 31 de Julio 2007
Horario:
Lunes a Viernes:
de 12 a 14 h. y de 20 a 21,30 h.
Sábados:
de 12 a 14 h.
Le deseamos mucho éxito
y un montón de satisfacciones personales y artísticas.
 
LAS PINTURAS DE VICTOR
   Bocetos del sueño, pinturas de la dulce rabia, postales rojas de dorsos amables, imagenes de la pena negra y de la lucha contínua, de la utopía en la mano y de los pasados pluscuamperfectos, donde ya sabeis que anidan las aves del paraiso, pero nosotros solo queremos sentarnos en la puerta de nuestra casa, compartir una mesa y bailar y cantar hasta que los besos nos llamen.
                                                                                                               Juan C. Valle
2007/4/20

TEATRO JOFRE (FERROL) 24 de Abril

Bartoleta Teatro
representa
"ATAQUE VERBAL"
de Miguel Albaladejo e Elvira Lindo
Dirección: Helga Méndez
TEATRO JOFRE (Ferrol)
24 de Abril de 2007, ás 20,30 horas