bartoleta 的个人资料Bartoleta Teatro照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
2008/11/23 Martes, 25 Novembro: TERTULIA NO TEATRO JOFREMáis información dos participantes na tertulia
UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA . Texto gañador do XIII Premio Rafael Dieste convocado pola Excma.Deputación de A Coruña Atopámonos diante dun sorprendente texto teatral, creación dunha das máis notábeis voces da narrativa galega contemporánea: Teresa Moure, multipremiada e multirrecoñecida por varias das súas novelas e polos seus ensaios, traballos todos eles de elevada calidade. E se ben é certo que a nosa literatura dramática conta xa con importantes referentes como poden ser Manuel Lourenzo, Gustavo Pernas, Roberto Salgueiro, Xabier Lama, Inma Antonio ou o inesquecible Roberto Vidal Bolaño, resulta bastante excepcional que unha voz principal da nosa narrativa se incorpore, “motu propio”, á creación no apartado de Literatura Dramática. E non estando precisamente sobrado o noso teatro de voces desa calidade, a chegada desta creadora ao ámbito escénico é noticia que merece ser celebrada e atendida especialmente. Desde a nosa perspectiva, Teresa Moure está chamada a enriquecer de maneira significativa o panorama da literatura dramática galega, o a súa escrita vai axudar tamén a que o noso Teatro consiga espertar a atención de importantes sectores da nosa sociedade ata o de agora afastados dél. Unha primavera para Aldara ¿Comedia, drama...? "Hai pezas que opoñen enorme resistencia a calquera definiciónde xénero, e a que nos ocupa resístese esixindo a utilización de varias categorías. Para compoñer esta marabilla do teatro contemporáneo que é Unha primavera para Aldara, a autora utiliza diversas claves e consegue facelas coexistir sen que nada renxa; pola contra, a sutil mestura de distintos códigos adquire a categoría de ferramenta dramática coa que nos sorprende e desconcerta positivamente non permitindo que en ningún momento nos “acomodemos” e que, como espectadores, teñamos necesariamente que poñer en alerta todos os sentidos. Hai nesta proposta espazo para o drama, a comedia, a traxedia, o teatro “costumista”, e moitas outras cousas. Fascinante * FARASE UNHA LECTURA DRAMATIZADA DALGUNHA ESCENA DA OBRA Participarán na TERTULIA: TERESA MOURE.- Autora do texto Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxíada Universidade de Santiago de Compostela. É autora das seguintes novelas: - A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004, Premio San Clemente 2005- Herba Moura (2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro áAutora do Ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á Mellor Novela do Ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005. - Benquerida Catástrofe (2007).- A casa dos lucarios (2007)Publicou, ademais, entre outros, os ensaios: - Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004- A palabra das fillas de Eva (2005) Premio da Crítica 2005 no apartado de EnsaioEn literatura dramática: - Unha primavera para Aldara (2007) obra gañadora do XIII Premio de Teatro Rafael Dieste.XULIO LAGO.- Dramaturxia, Dirección de escena e deseño de Iluminación Comeza a súa actividade profesional no ano 1974, en Vigo, coa creación do grupo “Esperpento” con intensa actividade creativa e organizativa na cidade durante varios anos, trasladándose a Madrid en 1978, e promovendo alí a creación do grupo “La Picota”, compañía que alcanza gran repercusión de crítica e público por todo o Estado con dous espectáculos: “La Orgia”, de Enrique Buenaventura, con dirección de Antonio Francisco Simón, e “El señor Galindez”, de Eduardo Paulovsky. Retornado a Galiza, é o director da Compañía “Teatro da Mari-Gaila” (Santiago de Compostela, 1979-1984), interpretando e dirixindo, entre outros, “O Agnus Dei dunha nai”, de D.Bárcena, o “Acto cultural”, de J.I.Cabrujas, ou “A noite das tríbades”, de Olov Enquist. No ano 1984 forma parte do colectivo de profesionais que promoven a creación do Centro Dramático Galego e asume a responsabilidade de dirixir a primeira producción daquela nova aventura: “Woyzeck”, de Büchner. Tras outra estancia en Madrid, becado no Centro Dramático Nacional dirixido por Lluis Pascual, retorna outra volta a Galicia, creando e dirixindo a Compañía “Teatro do Atlántico” en 1985, coa que desenvolve un traballo fundamentalmente de Dirección coa posta en escena de textos de autores contemporáneos como Ibsen, Fassbinder, Heiner Müller, Roberto Salgueiro, Garcia Lorca, Sam Shepard, Olov Enquist, Sanchis Sinisterra, McPherson ou Harold Pinter. Paralelamente ao seu traballo en Teatro do Atlántico, ten colaborado con outras Compañías, entre as que cabe subliñar o traballo feito coa Compañía Teatro do Noroeste de Viana do Castelo sendo responsable da posta en escena de dous importantes espectáculos: “O inimigo do Povo”, de Ibsen e “Executor 14”, de Abdel Hakim. Ten participado tamén periódicamente como actor en varios espectáculos do Centro Dramático Galego, asumindo a dirección de catro das produccións daquela Compañía Institucional: “A fiestra valdeira”, de Rafael Dieste, “A noite vai coma un río”, de Alvaro Cunqueiro, “Seis personaxes á procura de autor”, de Pirandello e o xa citado “Woyzzeck”, de Büchner “O encoro”, de Conor McPherson, (Premio María Casares á mellor Dirección), “Memoria do 36”, recital poético sobre a guerra civil e a represión en Galicia, xunto con “A raíña da beleza de Leenane”, (Premio María Casares ao Mellor Espectáculo e á mellor Dirección) “As últimas lúas” e “A bombilla Máxica” son os seus últimos traballos. MARIA BOUZAS.- Actriz, encarna o papel de ALDARA Estudios de Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramática de Madrid, e continuos traballos posteriores de aprendizaxe en cursos con Martín Adjemián Ángel Burgos, Augusto Fernándes, Jesús Alardeen, Jaime Chávarro. Asusumpta Serna, etc. Traballo Teatral: Noite de Reis, de W. Shakespeare, Cunqueiro con dirección de Quico Cadaval no CDG é, ata este momento, o seu último traballo no Teatro. Foi fundadora, con María Pujalte da Compañía Marías, participando, entre outras, nas súas produccións “Fisterra-Broadway”, “Amén”, ambas escritas e dirixidas por Xavier Picallo, “A voda dos moinantes”, de J.M.Synge ou Squash, de Ernesto Caballero, dirixidas por Quico Cadaval Con outras compañías ten participado en numerosos espectáculos; entre eles: “Saxo tenor”, escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño con Teatro do Aquí, “Se o vello Simbad volvese ás illas”, de Álvaro Cunqueiro con dirección de Quico Cadaval, O incerto señor Don Hamlet de A. Cunqueiro. Dirección: Ricard Salvat.; A casa dos afogados de M.A. Fernán- Vello. Dirección: Manolo Lourenzo, Un soño de verán de W. Shakespeare. Dirección: Eduardo Alonso; ou O mozo que chegou de lonxe de J.M. Synge. Dirección: Mario Gas, todos eles espectáculos producidos polo CDG. Traballo en Cine: Xunto a un amplo curriculo como actriz de TV, o seu traballo como actriz cinematográfica, conta xa con unha importante participación en numerosos filmes. Os máis recentes foron: Atlas de Geografía Humana de Azucena Rodríguez; Abrígate de Ramón Costafreda, Una mujer invisible de Gerardo Herrero (2006), e Heroína de Gerardo Herrero (2004) BELÉN CONSTENLA.- Actriz, encarna o papel de D. NUNO A súa actividade teatral comeza en 1986 con Teatro Caritel,”Calquera vai a guerra”, de Guillermo Figueiredo, dirixida por Manuel Guede. Desde entón mantén unha actividade ininterrumpida: Participa en numerosos espectáculos producidos polo CDG, como “As alegres casadas” e “Un soño de verán” de W.Shakespeare, con dirección de Eduardo Alonso,“O Incerto Señor Don Hamlet” de Alvaro Cunqueiro. Dirixido por Ricard Salvat,“Las galas del difunto” e “El embrujado”, de Valle Inclán, Dirixidos respectivamente por José Martíns e E.Alonso, quen a dirixe tamén en “A Cacatúa verde”. de Arthur Scnitzler. Traballa con diversas Compañías (Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur Teatro, Ollomol Tranvía, Teatro do Aquí, Lagarta Lagarta, Balea Branca ou Teatro do Morcego), e participa en máis dunha trintena de espectáculos, entre os que figuran: “O Rei Lear” de W.Shakespeare,Os Xustos” de Albert Camus. “As Vodas de Fígaro” de Caron de Beumarchais,“Macbeth” de W.Shakespeare, todas elas con dirección de E.Alonso; “Bailando en Verán” de Brian Friel, dirixido por Arturo López “Trabajos de amor perdidos” de W.Shakespeare, con dirección de Helena Pimenta ou “Criaturas” escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Desenvolve tamén un intenso traballo en televisión, con participación en series como “Pratos Combinados”, “El Comisario”, “Rías Baixas”, “Hospital central”, “A vida por diante”, etcétera, con participación tamén en numerosas curtametraxes, tv-movies e longametraxes. Mantén unha permanente atención ao plano formativo, asistindo a cursos e seminarios impartidos por recoñecidos profesionais de España e de Europa, como p.e.: .Augusto Fernandes, Natalia Svereva, Ernesto Caballero, Enrique Urbizu, Ángel Burgos, Albert Boadella, Angel Facio, etcétera. 引用通告此日志的引用通告 URL 是: http://bartoletaferrol.spaces.live.com/blog/cns!18FEF895C3546895!687.trak 引用此项的网络日志
|
|
|