bartoleta 的个人资料Bartoleta Teatro照片日志列表更多 工具 帮助
2008/11/26

A Tertulia de onte no Jofre

unha_primavera_para_aldara_Cartel

A Tertulia celebrada onte, 25 de Novembro, no Teatro Jofre, foi un deses actos que fan da cultura e do teatro algo próximo, entrañable e participativo e que nos deixou a todos os asistentes ilusionados por asistir á próxima representación da obra obxecto deste encontro.

"Unha primavera para Aldara"

de Teresa Moure, dirixida por Xulio Lago

 

será representada por Teatro do Atlántico

no Teatro Jofre de Ferrol, o venres, 28 de Novembro


A nosa felicitación á Asociación “Amigos do Teatro Jofre” organizadora deste acto e aos participantes na presentación coloquio, Xulio Lago (Director) Teresa Moure (Autora) Maria Bouzas e Belén Constela (Actrices) e Luma Gómez (Presidenta de Amigos do Jofre ).
Cada un desde a súa perspectiva, déronnos unha visión completísima da obra, desde o punto de vista literario e argumental, da dramaturxia, montaxe, interpretación, dirección…. Enriquecido coas intervencións dos asistentes e coa lectura dramatizada dalgúns fragmentos.
Teresa Moure e Teatro do Atlántico apostan aquí por un teatro de sentimentos e emocións, cargado de mensaxe social, perfectamente actual, malia situar a acción nun convento galego en época das guerras Irmandiñas.

 

Como ben dí o programa de man:

“Transcendendo a época do drama, a autora sitúanos diante duns conflictos de absoluta actualidade, como son a liberdade na elección sexual, a loita da muller pola igualdade, a violencia de xénero, a tolerancia, a posta en cuestión da xerarquía eclesiástica, as valoracións morais dos comportamentos humanos….

O obra posibilita a posta en valor dunha dramaturxia histórica, abordada, neste caso, cunha exquisita riqueza literaria e apoiándose nunha estructura teatral absolutamente contemporánea.”

评论

请稍候...
很抱歉,您输入的评论太长。请缩短您的评论。
您没有输入任何内容,请重试。
很抱歉,我们当前无法添加您的评论。请稍后重试。
若要添加评论,需要您的家长授予您相应权限。请求权限
您的家长禁用了评论功能。
很抱歉,我们当前无法删除您的评论。请稍后重试。
您已超过了一天之内允许提供的评论数上限。请在 24 小时后重试。
因为我们的系统表明您可能在向其他用户提供垃圾评论,您的帐户已禁用了评论功能。如果您认为我们错误地禁用了您的帐户,请联系 Windows Live 支持部门
完成下面的安全检查,您提供评论的过程才能完成。
您在安全检查中键入的字符必须与图片或音频中的字符一致。

若要添加评论,请使用您的 Windows Live ID 登录(如果您使用过 Hotmail、Messenger 或 Xbox LIVE,您就拥有 Windows Live ID)。登录


还没有 Windows Live ID 吗?请注册

引用通告

此日志的引用通告 URL 是:
http://bartoletaferrol.spaces.live.com/blog/cns!18FEF895C3546895!691.trak
引用此项的网络日志