More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  Bartoleta TeatroPhotosProfileFriendsMore Tools Explore the Spaces community

Bartoleta Teatro

Grupo Aficionado de la A.VV. Ensanche "A" de Ferrol. (bartoletaferrol@hotmail.com)
5/1/2008

10 de Maio : "Animaliños"

 

 

Animaliñensyo1017

 

Sábado 10, Maio do 2008, ás 20:00 h.

Centro Cultural Carvalho Calero

Praza do Inferniño - Ferrol 

(entrada gratuita)

 “Animaliños”

 

de Roberto Vidal Bolaño

 

Dirección: Helga Mendez.

Reparto: Espe Vidal, Rosalía Rodríguez, EncarnaPrieto, HelgaMéndez, Marta Sixto, Conchi García, Elisardo de la Cruz

Moncho Pantín, Mario Cibeira, Miguel Neira.

Duración: 75 minutos

Sinopse:,. "Animaliños" é a terceira parte dunha triloxía sobre a sociedade actual, que ven precedida polas outras obras do autor: "Anxeliños" e "Criaturas".

Nesta ocasión o tema que aborda é o da relación que a nosa sociedade establece coa natureza. E faino, unha vez máis, desde a ironía e o humor, a través duns personaxes estereotipados e dos seus xeitos de relacionarse nun marco común: o xardín dun chalé dunha urbanización de adosados ás aforas dunha cidade que sofre unha praga de caracois. Todo sempre en clave de humor, e cun importante trasfondo de crítica social.

TERTULIA : “A DANZA EN GALICIA”

Danza

Con motivo da presentación, no Teatro Jofre, do espectáculo de danza “Kiosco dás almas perdidas” do CCG (Centro Coreográfico Galego), os vindeiros Sábado 10 e Domingo 11 de Maio, a Asociación de Amig@s do Teatro Jofre organiza unha TERTULIA do ciclo “O Teatro Jofre e os seus protagonistas” para falar de:

“A DANZA EN GALICIA”

Mércores,  7 de Maio de 2008 ás 20:00 h.

Sala da 1ª Planta do Teatro Jofre

 Participarán:

·         Marcos Lorenzo. Asesor Cultural da Concellalía de Cultura

·         Natalia Balseiro. Coordinadora do Centro Coreográfico Galego

·         Branca Novoneyra. Da Asoc. de Profesionais da Danza Escénica de Galicia.

     Matilde Pedreira. Vocal de Danza da Asoc. de Amig@s do Teatro Jofre

 Con esta Tertulia, dende a Asociación de Amig@s do Teatro Jofre, preténdese mostrar a situación actual da Danza en Galicia.

4/4/2008

O Teatro de Ferrol e Comarca na Cadena Cope

Imagen-08

 

A Cadena COPE, coa colaboración de Gonzalo Rodríguez Calvo, emite os Luns ás 19,40 horas, un programa radiofónico : "PREVIAS dás Artes Escénicas e Musicais" nos distintos recintos culturais de Ferrol e Comarca.

Gonzalo, actor, gran afeccionado e persoa vinculada ao teatro e á escena en Ferrol e Galicia, é Secretario da Asociación Amigos do Teatro Jofre e membro do Padroado de Artes Escénicas e Musicais do Concello de Ferrol.

Á Emisora e ao noso amigo Gonzalo, felicitacións pola iniciativa.

 

12/22/2007

felices festas

Barto1
 
¡¡ felices festas!!
Os nosos mellores desexos
dun ano 2008
teatreiro e solidario.
 
11/23/2007

PRESENTACION DE TEXTOS TEATRAIS

O luns 26 de novenbro, ás 20 h.
na Biblioteca Municipal de Ferrol
 
acompañaremos ó noso amigo Eduardo Fra Molinero na presentación do seu libro:
 
"TEATRO POPULAR"
 
Imagen-03
Compendio de tres obras teatrais:
"Irmandiñas" "O parto de Calandrino" "O converso de Ribadavia"
 
¡¡ Parabéns !!
 
Eduardo Fra e asemade autor, entre outras pezas teatrais, de "Unha Batalla de Brión" e "Lisístrata", nas que algúns compoñentes de Bartoleta tivemos parte na súa posta en escena.
10/19/2007

Ós nosos amigos de Estudio Teatro N+1

Felicitamos ós nosos amigos: Fusa, Helga, Eva e Quique, polo éxito da súa representación de  " A lenda do Pirata" onte no Teatro Jofre.
O teatro, inzado de nenas e nenos subidos ós candieiros, remando e disfrutando, convertíuse nun verdadeiro baixel pirata que navegaba cara a Cultura.
Bó traballo é - sen dúbida - fomentá-la lectura, e bó traballo teatral o que fixechedes vos.
Noraboa tamén á Concellalía de Cultura pola iniciativa e ó Diario de Ferrol (de quen tomamos imaxes e reseña) pola boa difusión.
Ánimo e boas singladuras.
Bartoleta Teatro
Wbar001Wbar002
10/15/2007

18 outubro : Teatro Jofre: "A lenda do pirata"

Desexamos ós nosos amigos de Estudio de Teatro N+1, Fusa, Helga e Quique moitísimo éxito na súa representación

 

Estudio de Teatro N+1

Pazos 180

15405 FERROL

  

   A nosa Asociación Cultural, o Estudio de Teatro N+1, invita aos vosos nenos e nenas  a ver a peza teatral:

 

VIVE UNHA AVENTURA.

A LENDA DO PIRATA

De Fusa Guillén

 

 Un espectáculo de animación á lectura teatral para nenos con viaxe, tesouro, pirata e moza que rescatar…entre TODOS. Porque nesta aventura...

¡TODOS somos protagonistas!

 

¡ENTRADA GRATUITA!

 

AGARDÁMOSVOS O XOVES 18 DE OUTUBRO

ÁS 18:30 H

 NO TEATRO JOFRE

 

NON FALTEDES Á CITA CO PIRATA NEG…

¡Uiiiii…que non se pode decir o seu nome!

9/23/2007

MANIFESTACION 30 DE SETEMBRO EN FERROL

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!! 

ARTISTAS E INTELECTUAIS CONTRA A PLANTA DE GAS

 

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrouse hoxe sabado 22 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do Vicerreitorado do Campus Universitario de Ferrol, o acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro.

Foi presentado polos membros do CCE:
Eliseo Zaera, Lupe Ces, Rosa Méndez, LuzMarina Torrente e Carmelo Teixeiro, que desenvolveron nas súas intervencións os tres puntos do manifesto:

 

1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa  defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

 

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

 

3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

 

Explicando tamén os pormenores da organización da Manifestación que se celebrará en Ferrol o domingo, 30 de Setiembre e invitando a toda Galicia á participación.

Tras a lectura do nome dos 200 intelectuais e artistas que xa asinaron o seu apoio a este manifesto, púxose fin ó acto coa firma simbólica dos presentes.

  

Comité Cidadán de Emerxencia

RELACION DE ASINANTES

View more entries
 

bartoleta

View spaceSend a message
Occupation:
Interests:
Creado en 1997. Continuador del Taller Municipal de Teatro de Ferrol. Por él han pasado más de 50 actrices y actores de todas las edades. Actualmente patrocinado por Asoc. Vecinos "Ensanche A" - Ferrol.
No list items have been added yet.
View space
TEATRO ESTUDIO DE SAN SEBASTIAN

¡Grazas pola tua visita!
  • View space
    8/28/2007 10:42 PM
    ¡Hola a todos! Soy un antiguo miembro de aquesta venerable cofradía de cómicos llamada "Bartoleta". Poco ha tuve el gusto de veros y escucharos en Mugardos y también de saludaros. Si agora tomo la pluma, vençiendo el desánimo y el quebranto en que me tienen mi edad provecta y los muchos sinsabores que a lo largo della he padecido, como pecador que soy (¡ y válame el Criador, assí como yo dellos m'arrepiento cada hora), es por las dos razones que os digo a renglón seguido. Sepan Vuesas Merçedes que:
    -primero, he visto al buen rei Micomicón ( que, siendo uno, vale por dos) y me ha hablado del mucho plazer que tomaría si oviesse ocasión de un encuentro con los sus antiguos compañones de tablas.
    -segundo, que si os veis con ánimo y no teméis que se manquen e descoyunten las vuestras mandíbulas con la mucha risa que podéis aver, os paséis por Youtube y busquéis dos sátiras políticas, apenas unos retablillos o cantares de ciego, que he tenido el atrevimiento  de poner en la escena de Internet y que llevan por título: "Rias infernais" y "O concello dos mortos vivintes".
    Ya responderéis, amigos. Mientras tanto, un abrazo y.... ¡mucha mierda!
No list items have been added yet.